Redes
Clube
de tenis
Tenis
A nosa historia
Vendo os éxitos de Manolo Santana dos anos sesenta na televisión, sobre todo os da Copa Davis, o 6 de xullo de 1968, cinco rapaces de entre 14 e 18 anos comprométense a aportar 15 ptas. semanalmente para mercar raquetas «comunitarias» coas que xogar ao tenis. Un ano despois, en agosto de 1969, celebrouse o I Campionato de Tenis de Redes, que tivo lugar na praia de Area Morta, a carón do porto da vila e onde tamén se celebraron as dúas edicións seguintes. O Club de Tenis Redes comezou así a súa andaina.
Hoxe, corenta anos despois, o Club conta cunhas modernas instalacións cunha cómoda casa club, tres pistas de tenis, amplos aparcamentos e numerosas zonas verdes e axardinadas das que poden gozar preto de cincocentos socios (dous mil potenciais beneficiarios). E todo iso por unha entrada de 156 euros e dez ao mes, o que o converte nun Club eminentemente popular.
Dado que este campionato que comezou en 1969 non deixou de disputarse, este ano cumpriuse a súa XL edición. Ademais disto, engadíronse outros torneos ao longo de todo este tempo: Nadal (que vai na súa XXXVIII edición), Memorial (XX), Pibes (XV), Open (XIV), Maratón, Liga Social, Torneo de Dobres, Torneos Abertos. …
En Agosto de 1969 celébrase o I Campeonato de Tenis de Redes
Reserva
Reserva pistas
Adestradores
Grupos ou individuais
nenas e nenos
para idades de 5 ou máis
As nosas instalacións
Os socios e os seus beneficiarios poderán utilizar libremente as pistas de xogo para a práctica deportiva, abstíndose, non obstante, de utilizar calquera elemento (patins, bicicletas, etc.) que puidese ocasionarlles danos.
redes sociais
Podes botar un vistazo ás nosas redes sociais.